Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

SAMAIN 23

Imaxe
   Vestimos a nosa biblioteca de terror neste Samaín. Desexamos a todas e todos unhas lecturas terroríficas. Xa dicía Vladimir Nábokov que o obxectivo da literatura é que unha persoa se sinta estraña na súa propia casa...

24 de outubro: Día das Bibliotecas.

Imaxe
  O 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo en 1992.  Podes acceder a toda información nesta ligazón á páxina do Ministerio de Educación . Desde a Biblioteca do Mendiño artellamos unha pequena exposición que aproveita a celebración do día da das Bibliotecas para facerlle unha pequena homenaxe a eses espazos tan fundamentais para dar forma ao lema oficial deste ano: tecendo comunidades. Ademais de información sobre o día das Bibliotecas e frases sobre elas de autores e autoras clave da literatura, incluímos un pequeno xogo de pistas para adiviñar o lugar no que se atopan diferentes bibliotecas no mundo, porque como alguén escribiu unha vez "o único que hai que saber é onde está a biblioteca" Podes acceder ao contido dese xogo neste documento . Anímate a atopar Onde está a biblioteca?

Xente nova no Mendiño, xente nova na Biblioteca

Imaxe
    Arrincamos este curso 2023-2024 dando a benvida a todo o alumnado , o que xa estaba con nós e que chega por primeira vez. Aínda que hai alumnas e alumnos novos en todos os cursos, recibimos con especial ilusión o alumnado que entra en 1º de ESO, a quen desexamos que lle vaia moi ben nesta nova etapa que comezan.   Desde a Biblioteca, e coa colaboración do profesorado que permitiu que usasemos parte da súa hora (Chuni, Noa, Martín, Simone: grazas!), fixemos unha pequena dinámica de benvida e presentación dirixida ao alumnado de 1º de ESO na que aproveitamos para repartir os carnets de usuario. Reto: cantas páxinas hai?       De xeito complementario, artellamos un pequeno reto con libros de     expurgo que consiste en adiviñar, sen pasarse, o número de páxinas que conforman a nosa pequena pirámide. A finais do mes de outubro publicaremos a solución e o nome da persoa gañadora... Ata entón podes participar cubrindo a ficha na Biblioteca.