Publicacións

Solución xogo pirámide de libros

Imaxe
Cantas páxinas había na pirámide ?   A comezos de curso argallamos un pequeno concurso de adiviñar cantas páxinas tiña unha "pirámide" feita con libros de expurgo. Despois dunhas semanas nas que recibimos ducias de respostas, toca resolver parte do misterio: o número de páxinas da nosa "pirámide," que podes ver na seguinte imaxe que pecha esta entrada (preme ler máis).  A vindeira semana comunicaremos o nome da persoa gañadora, que recibirá un pequeno agasallo.

SAMAIN 23

Imaxe
   Vestimos a nosa biblioteca de terror neste Samaín. Desexamos a todas e todos unhas lecturas terroríficas. Xa dicía Vladimir Nábokov que o obxectivo da literatura é que unha persoa se sinta estraña na súa propia casa...

24 de outubro: Día das Bibliotecas.

Imaxe
  O 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo en 1992.  Podes acceder a toda información nesta ligazón á páxina do Ministerio de Educación . Desde a Biblioteca do Mendiño artellamos unha pequena exposición que aproveita a celebración do día da das Bibliotecas para facerlle unha pequena homenaxe a eses espazos tan fundamentais para dar forma ao lema oficial deste ano: tecendo comunidades. Ademais de información sobre o día das Bibliotecas e frases sobre elas de autores e autoras clave da literatura, incluímos un pequeno xogo de pistas para adiviñar o lugar no que se atopan diferentes bibliotecas no mundo, porque como alguén escribiu unha vez "o único que hai que saber é onde está a biblioteca" Podes acceder ao contido dese xogo neste documento . Anímate a atopar Onde está a biblioteca?

Xente nova no Mendiño, xente nova na Biblioteca

Imaxe
    Arrincamos este curso 2023-2024 dando a benvida a todo o alumnado , o que xa estaba con nós e que chega por primeira vez. Aínda que hai alumnas e alumnos novos en todos os cursos, recibimos con especial ilusión o alumnado que entra en 1º de ESO, a quen desexamos que lle vaia moi ben nesta nova etapa que comezan.   Desde a Biblioteca, e coa colaboración do profesorado que permitiu que usasemos parte da súa hora (Chuni, Noa, Martín, Simone: grazas!), fixemos unha pequena dinámica de benvida e presentación dirixida ao alumnado de 1º de ESO na que aproveitamos para repartir os carnets de usuario. Reto: cantas páxinas hai?       De xeito complementario, artellamos un pequeno reto con libros de     expurgo que consiste en adiviñar, sen pasarse, o número de páxinas que conforman a nosa pequena pirámide. A finais do mes de outubro publicaremos a solución e o nome da persoa gañadora... Ata entón podes participar cubrindo a ficha na Biblioteca.

Un mar de poesía

Imaxe
E no mes da poesía, desde a Biblioteca e o coa colaboración do Departamento de Galego, creamos, co alumnado de 1 e 3 da ESO un mar de poesía. Facendo uso e abuso da técnica do Blackout Poetry. 
Imaxe
Todos os meses o Club lector do IES Mendiño, LeMendiño , se reúne na Bilioteca á calor dun chocolate con churros para compartir experiencias lectoras. Mais a xuntanza deste mes de febreiro foi especial, porque nos acompañou unha das escritoras galegas máis queridas pola rapazada: Eva Mejuto .  Ela é a directora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que todas as primaveras enche a cidade do Lérez de libros e novidades. E ela é a autora dos libros máis lidos na secundaria nas últimas décadas: Memoria do silencio ou 22 segundos . E tamén é autora dun libro que nos toca moi de perto, xa que está ambientado na nosa illa: A lavandeira de San Simón . Mais ela é sobre todo a autora dunha das nosas bandas sonoras da infancia: o "Corre corre cabaciña", entre outros grandes títulos.  Con ela charlamos das súas experiencias lectoras á nosa idade, deixounos recomendacións e apresentounos o seu último libro: A ladroa da biblioteca de Meirás . Se queres gozar tamén ti dun ata
Imaxe
Este curso 2022/23 implementamos un novo sistema de xestión da Biblioteca. Mais só é un cambio formal, xa que nós seguimos achegando a Biblioteca ao novo alumnado e manténdoa como un refuxio seguro para toda a Comunidade Educativa.  Ao longo do curso, son múltiples as actividades que realizamos, a maioría delas en colaboración co resto de Departamentos do centro. Mais hai algunhas actividades propias da Biblioteca que xa son tradición no centro. Este é o caso do CONCURSO DE MENSAXES DE SAN VALENTÍN , que celebramos todos os anos no mes de febreiro. Nel animamos o alumnado e deixarnos as súas mensaxes de amor (ou desamor, que é a outra cara do amor, que tamén debemos coñecer para saber manexar).  Este ano a participación no certame foi tan alta que o buzón do amor quedou pequeno xa nos primeiros días. Moitas grazas polo voso entusiasmo amoroso. Que non decaia! E, logo dunha dura deliberación, velaquí o resultado:  1ª Clasificada: Luna Regueiro Vuelta  2ª Clasificada: Naira Boullosa Zubi

Recomendacións Verán 2022

Imaxe
Bos días!  Os deixamos unhas recomendacións lectoras para que disfrutedes neste verán. Recomendacións Verán 2022

GAÑADORAS DO CONCURSO "UNHA MENSAXE POR SAN VALENTÍN"

Imaxe
  1ª Clasificada: Alba Otero Vaz 2ª Clasificada: Laura González Rubiñán 3ª Clasificada: Alba Fernández Garrido