Xente nova no Mendiño, xente nova na Biblioteca


 


  Arrincamos este curso 2023-2024 dando a benvida a todo o alumnado, o que xa estaba con nós e que chega por primeira vez. Aínda que hai alumnas e alumnos novos en todos os cursos, recibimos con especial ilusión o alumnado que entra en 1º de ESO, a quen desexamos que lle vaia moi ben nesta nova etapa que comezan.

 

Desde a Biblioteca, e coa colaboración do profesorado que permitiu que usasemos parte da súa hora (Chuni, Noa, Martín, Simone: grazas!), fixemos unha pequena dinámica de benvida e presentación dirixida ao alumnado de 1º de ESO na que aproveitamos para repartir os carnets de usuario.

Reto: cantas páxinas hai?

      De xeito complementario, artellamos un pequeno reto con libros de     expurgo que consiste en adiviñar, sen pasarse, o número de páxinas que conforman a nosa pequena pirámide. A finais do mes de outubro publicaremos a solución e o nome da persoa gañadora... Ata entón podes participar cubrindo a ficha na Biblioteca.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvido