Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023
Imaxe
Todos os meses o Club lector do IES Mendiño, LeMendiño , se reúne na Bilioteca á calor dun chocolate con churros para compartir experiencias lectoras. Mais a xuntanza deste mes de febreiro foi especial, porque nos acompañou unha das escritoras galegas máis queridas pola rapazada: Eva Mejuto .  Ela é a directora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que todas as primaveras enche a cidade do Lérez de libros e novidades. E ela é a autora dos libros máis lidos na secundaria nas últimas décadas: Memoria do silencio ou 22 segundos . E tamén é autora dun libro que nos toca moi de perto, xa que está ambientado na nosa illa: A lavandeira de San Simón . Mais ela é sobre todo a autora dunha das nosas bandas sonoras da infancia: o "Corre corre cabaciña", entre outros grandes títulos.  Con ela charlamos das súas experiencias lectoras á nosa idade, deixounos recomendacións e apresentounos o seu último libro: A ladroa da biblioteca de Meirás . Se queres gozar tamén ti dun ata