24 de outubro: Día das Bibliotecas.

 

O 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo en 1992.  Podes acceder a toda información nesta ligazón á páxina do Ministerio de Educación.

Desde a Biblioteca do Mendiño artellamos unha pequena exposición que aproveita a celebración do día da das Bibliotecas para facerlle unha pequena homenaxe a eses espazos tan fundamentais para dar forma ao lema oficial deste ano: tecendo comunidades.

Ademais de información sobre o día das Bibliotecas e frases sobre elas de autores e autoras clave da literatura, incluímos un pequeno xogo de pistas para adiviñar o lugar no que se atopan diferentes bibliotecas no mundo, porque como alguén escribiu unha vez "o único que hai que saber é onde está a biblioteca"

Podes acceder ao contido dese xogo neste documento. Anímate a atopar Onde está a biblioteca?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvido