Este curso 2022/23 implementamos un novo sistema de xestión da Biblioteca. Mais só é un cambio formal, xa que nós seguimos achegando a Biblioteca ao novo alumnado e manténdoa como un refuxio seguro para toda a Comunidade Educativa. 

Ao longo do curso, son múltiples as actividades que realizamos, a maioría delas en colaboración co resto de Departamentos do centro. Mais hai algunhas actividades propias da Biblioteca que xa son tradición no centro. Este é o caso do CONCURSO DE MENSAXES DE SAN VALENTÍN, que celebramos todos os anos no mes de febreiro. Nel animamos o alumnado e deixarnos as súas mensaxes de amor (ou desamor, que é a outra cara do amor, que tamén debemos coñecer para saber manexar). 

Este ano a participación no certame foi tan alta que o buzón do amor quedou pequeno xa nos primeiros días. Moitas grazas polo voso entusiasmo amoroso. Que non decaia!

E, logo dunha dura deliberación, velaquí o resultado: 

1ª Clasificada: Luna Regueiro Vuelta 

2ª Clasificada: Naira Boullosa Zubiaurre

3ª Clasificada: Sofía Darroza Villar 

Parabéns ás tres e a seguir creando un mundo cheo de amor e de respecto. 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvido