Todos os meses o Club lector do IES Mendiño, LeMendiño, se reúne na Bilioteca á calor dun chocolate con churros para compartir experiencias lectoras. Mais a xuntanza deste mes de febreiro foi especial, porque nos acompañou unha das escritoras galegas máis queridas pola rapazada: Eva Mejuto

Ela é a directora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que todas as primaveras enche a cidade do Lérez de libros e novidades. E ela é a autora dos libros máis lidos na secundaria nas últimas décadas: Memoria do silencio ou 22 segundos. E tamén é autora dun libro que nos toca moi de perto, xa que está ambientado na nosa illa: A lavandeira de San Simón. Mais ela é sobre todo a autora dunha das nosas bandas sonoras da infancia: o "Corre corre cabaciña", entre outros grandes títulos. 

Con ela charlamos das súas experiencias lectoras á nosa idade, deixounos recomendacións e apresentounos o seu último libro: A ladroa da biblioteca de Meirás. Se queres gozar tamén ti dun ataco desta experiencia, podes escoitar aquí a entrevista que lle fixemos na RQR.  




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvido