Este curso 2022/23 implementamos un novo sistema de xestión da Biblioteca. Mais só é un cambio formal, xa que nós seguimos achegando a Biblioteca ao novo alumnado e manténdoa como un refuxio seguro para toda a Comunidade Educativa. Ao longo do curso, son múltiples as actividades que realizamos, a maioría delas en colaboración co resto de Departamentos do centro. Mais hai algunhas actividades propias da Biblioteca que xa son tradición no centro. Este é o caso do CONCURSO DE MENSAXES DE SAN VALENTÍN , que celebramos todos os anos no mes de febreiro. Nel animamos o alumnado e deixarnos as súas mensaxes de amor (ou desamor, que é a outra cara do amor, que tamén debemos coñecer para saber manexar). Este ano a participación no certame foi tan alta que o buzón do amor quedou pequeno xa nos primeiros días. Moitas grazas polo voso entusiasmo amoroso. Que non decaia! E, logo dunha dura deliberación, velaquí o resultado: 1ª Clasificada: Luna Regueiro Vuelta...
Cómics de alumnado de 3º e 4º de ESO Estes son algúns dos traballos que realizaron os alumnos de 3º e 4º de ESO en Lingua Galega coa profe Lola. Antía Martínez Lago Candela Castro Eva Darriba María Márquez Julia Amoedo Lorena Fernández
Cantas páxinas había na pirámide ? A comezos de curso argallamos un pequeno concurso de adiviñar cantas páxinas tiña unha "pirámide" feita con libros de expurgo. Despois dunhas semanas nas que recibimos ducias de respostas, toca resolver parte do misterio: o número de páxinas da nosa "pirámide," que podes ver na seguinte imaxe que pecha esta entrada (preme ler máis). A vindeira semana comunicaremos o nome da persoa gañadora, que recibirá un pequeno agasallo.
Comentarios
Publicar un comentario